Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG presenta unha iniciativa parlamentaria para revogar a licenza da casa de apostas

RR_Noticias

O grupo parlamentario do BNG presentará unha Proposición Non de lei (PNL) na que solicita ao goberno galego revogar a autorización á casa de apostas e sala de xogos da rúa Ernestina Otero en Redondela, tendo en conta a proximidade a unha zona escolar e a unha área deportiva e de lecer pola que pasan diariamente miles de escolares.

Na exposición de motivos explican que esta casa de apostas está pendente da licenza de actividade do concello de Redondela unha vez que conta xa con resolución favorable da dirección xeral de emerxencias con data de 9 de abril.
Lembran que nos últimos tempos prolifera por toda Galiza a apertura destes negocios, un proceso que forma parte do boom do xogo ao abeiro dunha lexislación anticuada e permisiva. Detrás deste proceso hai poderosos intereses económicos, un negocio que medra exponencialmente e que se concentra en moi poucas mans, e que está a crear graves problemas sociais e de saúde pública, entre os que cabe sinalar a adicción ao xogo por parte da infancia e a mocidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará