Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

David García: “O obxectivo do Chapela C.F. ten que ser o ascenso, se pode ser directo mellor”

RR_Noticias

O novo adestrador do equipo de Chapela aposta por un fútbol con posesión do balón e unha defensa moi adiantada. No comezo da temporada a técnica serviulle para estar na parte alta da táboa, e ser un dos equipos menos goleados. O seu obxectivo para esta temporada é o ascenso á Segunda Autonómica.

O equipo redondelán atópase agora no 2º posto da táboa, o que permite o ascenso directo, mentres que o 3º e 4º posto terán que pelexar nunha fase de ascenso pola praza. García advirte que “queda moita liga por diante”, pero o equipo comezou da mellor maneira posible. O adestrador confía “en sguir coa esta liña de bo traballo e resultados” pero sabe que son varios os equipos que estarán pelexando polas primeiras prazas, como o Lavadores, o Coia ou o Balaídos. O ano pasado o equipo quedou ás portas de dar o salto de categoría, ao quedar eliminado na fase de ascenso. O técnico confía en que este ano se consiga o obxectivo. En catro xornadas que levan disputadas o Chapela C.F. suma tres vitorias e unha derrota, están a tan só 1 punto do líder, o Lavadores, e tan só recibiron 3 goles en contra. Son, xunto co Coia, o conxunto menos goleado, e hai que ter en conta que os vigueses levan unha xornada menos disputada. David García pretende que ese sexa o seu sinal de identidade, advirte que nesta categoría “non encaixar é o máis importante”. Por iso propón un xogo cunha defensa moi adiantada, lonxe da súa portería, cunha presión constante sobre o rival. Un fútbol que precisa dunha boa forma física dos xogadores, para poder aguantar o ritmo os 90 minutos de xogo, e ata o de agora están a conseguilo con bos resultados. Chapela-Balaídos A pasada xornada golearon ao Independente a domicilio, nun encontro no que non encaixaron ningún gol. O próximo domingo a cita será na casa, ante o Balaídos, co que están empatados a puntos e outro dos candidatos ao ascenso. García plantexará un partido no que pretenden dominar “facendo o fútbol que caranteriza ao equipo”. A cita será ás 12.00 horas no campo do Parada, no que agardan contar co apoio da súa afección, que este ano está a arroupar ao equipo tanto en Chapela como nos seus desprazamentos.

David García adestrador do Chapela C.F.
O técnico confía en que este ano se consiga o obxectivo do ascenso a Segunda Autonómica.
A prioridade de non encaixar
O técnico propón un xogo cunha defensa moi adiantada lonxe da súa portería cunha presión constante sobre o rival.
Chapela C.F.-Balaídos
O encontro será o domingo ás 12.00 no campo de Parada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará