Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corvos contra velutinas

RR_Noticias

Un veciño de Soutomaior, Alejandro Bua, propietario dunha tenda agrícola de Arcade adestra estas aves para combater a praga de avespa velutina. Tras retirar os niños e conxelalos para matar as adultas, dállos ás aves para que se alimenten das larvas. Con esta técnica busca ensinar aos corvos salvaxes que os niños son unha fonte alcanzable de alimento.

A Alejandro Bua a idea xurdiulle o pasado ano cando, tras retirar varios niños, viu corvos salvaxes preto da súa casa e decidiu deixarlle un avespero xa baleiro para ver como reaccionaban. A súa sorpresa foi cando á mañá seguinte eran varios os corvos que se estaban alimentando das larvas.
A intención, declara Alejandro, é que unha vez recoñezan os niños como fonte de alimento, as propias aves repliquen este comportamento entre elas por imitación. “Os corvos son animais moi intelixentes, aprenden enseguida vendo aos seus compañeiros e son moi bos seguindo rastros” explica este veciño de Arcade.
O método que utiliza Alejandro é simple. Tras a retirada dos niños máis alcanzables, nos que non é necesario utilizar biocidas, os garda nun saco pechado e déixaos unha noite no conxelador. “Isto mata ás avispas adultas e deixa con vida as larvas, protexidas polo encapsulado, convertendo o niño nun manxar para as aves que, cámara tras cámara, esnaquizan e baleiran o avispero por completo”.
Tras un ano adestrando ás aves asegura que os resultados son prometedores. Entende que nun ano ou dous xa haberá novas xeracións de corvos que identificarán os niños con comida por completo porque os comen desde que nacen.
As vantaxes en caso de chegar a adestrar a estes animais son enormes, indicou Alejandro, porque ademais de ser unha defensa natural contra a velutina, axudarían cun dos grandes problemas que existen á hora de retirar os niños, como é a elevada altura na que se atopan. “incluso con drons, retirar un niño a máis de 25-30 metros é complicado e caro”.
Desde o Concello de Soutomaior aplauden a iniciativa logo de que neste ano retiraran case 300 niños.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará