Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas denuncia o “boicot” da Autoridade Portuaria ao Concello de Redondela

RR_Noticias

A alcaldesa non terá voz nin voto no Consello da Autoridade portuaria que se reúne este venres 27 de setembro logo de que o organismo volvese convocar, por segunda vez dende que arrancara o mandato, ao seu predecesor no cargo, Javier Bas. Rivas entende que o obxectivo desta manobra é silenciar os intereses dos veciños e veciñas de Redondela que se opoñen á instalación do almacén de colectores en Rande.

Asegura a alcaldesa que se fixeron todos os trámites para subsanar o “suposto erro” que xa acontecera dous meses atrás, cando Rivas non puido ocupar o posto que lle corresponde como vogal nese organismo porque supostamente faltaba comunicar o cambio á Consellería do Mar. “A día de hoxe ese trámite está feito e volven convocar a Javier Bas cando son perfectamente conscientes de que xa non ocupa a alcaldía”. Rivas asegura non entender o boicot que Redondela e os seus veciños e veciñas están a padecer nese organismo que preside o popular Enrique López Veiga, aínda que sospeita que detrás desa manobra se agoche o obxectivo de que non se escoiten nese órgano voces en contra aos intereses da Autoridade de instalar un almacén de colectores na explanada de Duchess en Rande. Amosa a rexedora local a súa indignación tendo en conta ademais que, dentro da orde do día do Consello deste venres, hai dous puntos de relevancia para Redondela como son un estudo sobre a delimitación de usos de espazos portuarios e un informe sobre o estado da estrutura do cargadoiro de mineral.  

Digna Rivas alcaldesa
Amosa a súa indignación co boicot da autoridade portuaria
Temas relevantes
No consello do venres abórdanse temas relevantes para Redondela
Trámites realizados
Confirma que se cumpriron todos os trámites para que se adoptase o cambio na orde do día

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará