Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada formativa da Asociación Forestal de Galicia dirixida ás comunidades de montes

RR_Noticias

Coñecer as xestións administrativas e burocráticas ás que ten que facer fronte unha comunidade de montes é, moitas veces, unha cuestión complexa á que lle queren dar resposta dende a Asociación Forestal de Galicia. Co obxecto de resolver as principais dúbidas e problemáticas coas que se enfrontan estas xuntas reitoras á hora de desenvolver a súa actividade, organizan este sábado no Centro Cultural de Cabeiro unha xornada formativa que terá lugar ás 10.00 horas e na que se abordarán tamén cuestións de interese vencelladas ao mellor aproveitamento do monte.

A Asociación Forestal de Galicia vai levar a cabo unha sesión de formación sobre Xestión de Xuntas Reitoras de Comunidades de Monte Veciñais en Man Común no concello de Redondela. A actividade vai dirixida ás persoas que compoñen as Xuntas Reitoras, técnicos e comuneiros e comuneiras en xeral. O obxectivo é aclarar todas aquelas cuestións ás que teñen que facer fronte non día a día en canto a prazos, trámites burocráticos ou cuestións formais como poida ser a convocatoria de asembleas. Con todo, a xornada abordará tamén outros temas de interese máis aló do meramente administrativos, tratando de afondar na valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza achegando novos aproveitamentos sustentables que están a funcionar en diferentes comunidades. A acción formativa realizarase no Centro Cultural de Cabeiro este sábado 7 ás 10:00 horas. A inscrición é gratuíta pero obrigatoria, nos  teléfonos 986 660 864 e 618 752 220 ou no enderezo electrónico afgxinzo@asociacionforestal.org  

Xosé Covelo Director Técnico Asociación Forestal
Explica os obxectivos da xornada
Aproveitamento sostible
Búscanse formas de xerar riqueza de xeito sostible

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará