Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexistra a temperatura máis alta de Galicia con 37,5 graos

RR_Noticias

O mes de setembro chegou con tempo anticiclónico, ceos azuis e altísimas temperaturas. Tanto é así que a estación do Viso, no noso concello, rexistrou onte a temperatura máxima de Galicia con 37,5 graos. Foi este martes, nun día que segundo as estatísticas foi o máis caloroso do verán logo dun mes de xullo con tempo inestable e ceos grises e un mes de agosto que, na súa primeira quincena, deixaba tamén pouco tempo estival.

Tivemos que esperar ao mes de setembro para vivir a primeira semana plenamente de verán, tanto polas temperaturas máximas como polas mínimas, cun anticiclón que nos está a deixar valores moi altos que hoxe está previsto oscilen entre os 15 graos de mínima e os 29 de máxima. Valores que poderían verse rebaixados nos vindeiros días polas brétemas costeiras.
No que respecta ás temperaturas para o resto de setembro e o inicio do outono, as previsións subliñan que será un trimestre que podería estar por riba do normal, con todo é difícil prever que vai acontecer a medio ou longo prazo. Polo de agora e para esta semana seguirá o bo tempo, con sol e sen nubes.  
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará