Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A intervención da Policía Local frustra un intento de suicidio no casco urbano de Redondela

RR_Noticias

Foron os propios viandantes os que alertaron á Policía Local da presenza dun home que tentaba colgarse na ponte situada entre a avenida Mendiño e Ernestina Otero. A rápida intervención dos axentes e a colaboración dos veciños permitiu frustrar as intencións deste veciño de 43 anos de idade que foi trasladado a un centro hospitalario.

Xornada tráxica a vivida este martes en Redondela. Logo de que unha veciña do municipio, de 45 anos falecera ao precipitarse dende o viaduto do tren sobre o campo da feira este mediodía, un home tentaba rematar coa súa vida pendurándose da céntrica ponte situada entre a avenida Mendiño e Ernestina Otero.
Os viandantes que pasaban pola zona sobre ás 14.00 horas, alertaron a Policía Local ao comprobar as intencións do home. Os axentes conseguiron disuadilo e trasladárono á Xefatura da Policía Local onde foi atendido por unha ambulancia do 061 e posteriormente trasladado a un centro hospitalario. Até o lugar dos feitos tamén se achegou unha unidade da Policía Nacional.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará