Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A II Romaría Cultural Sinha Paca quece motores con concertos en rúas e prazas

RR_Noticias

Chá, Cerveja e Violao, Los fabulosos Zebulones, Whalter Mathaus e Sofía Espiñeiras son as propostas musicais que se van desenvolver dende mañá mércores e ata o venres en diferentes espazos da vila. Actuacións que supoñen o preludio da II Romaría Cultural que terá lugar o sábado nas antigas Casas dos Mestres. Unha xornada chea de actividades con zancudos, xogos populares, pregón a cargo da artista local Chelo Rielo e moita música. A plataforma Sinha paca decidiu suspender o concerto de hoxe en solidariedade coa familia e amigos da moza que falecía esta mañá tras precipitarse dende o viaduto.

A segunda edición da Romaría Cultural Sinha Paca celébrase este sábado día 7 de setembro con actividade no entorno das antigas Casas dos Mestres dende as 11 da maña ata a madrugada. Pasarrúas acompañados de zancudos e veciñas percorreran a vila para rematar no torreiro da festa, onde se dará o pregón, a cargo da artista e veciña, Chelo Rielo. Os asistentes poderán adquirir produtos artesáns nun mercadiño montado para a ocasión e a sesión vermú contará coa actuación do grupo local 33RPM. Logo do xantar popular ao que poderán sumarse todos os que o desexen, haberá xogos populares para as crianzas, música do Dj Hedra Velenosa e actuación de Sonsoles Penadique e Carlos Quintá co disco “o Cantigueiro de Cotobade”. De seguido e por segundo ano consecutivo celebraranse as Regueifas-Rap e xa pol noite subiranse ao escenarios os grupos “Patri and the Pool Boys”, “Paciencia Paradise” e para rematar cos rapeiros “Globersmokers”. Unha festa cultural que chega precedida das novenas, actuacións musicais que dende o pasado venres están a amenizar diferentes puntos da vila. Este mércores a cita será na rúa pai Crespo co grupo Chá, cerveja e violao, o xoves actuarán Los fabulosos Zebulones na rúa Meixón Frío, o venres os Walter Mathaus actuarán as 13:00 horas nos soportais do Concello e, xa as nove, actuará na rúa Prata Sofía Espiñeira. Unhas propostas musicais que son posibles grazas á colaboración de diferentes locais de hostalería de Redondela  así como dos colectivos integrantes da Plataforma Sinha Paca.  

Fran Alvarez Sinha Paca
Fálanos dos concertos das Novenas
Promover a cultura
Unha programa que nace dende diferentes colectivos e co apoio de diversos hostaleiros
Berto Covelo Sinha Paca
A romaría do sábado desenvolverase durante todo o día

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará