Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela distribúe exemplares de Estirpe de Méndez Ferrín entre as bibliotecas galegas

RR_Noticias

O Concello de Redondela, logo de distribuír entre a veciñanza e bibliotecas municipais, enviou exemplares do libro Estirpe, de Xosé L. Méndez Ferrín (reeditado este ano por iniciativa municipal), a varias bibliotecas de Galicia que carecían deste título, tan importante para a literatura contemporánea. Foron arredor de vinte bibliotecas municipais, de toda Galicia, as que recibiron este agasallo: Lalín, Rianxo, Ribadeo, Monforte de Lemos, Riveira ou Celanova, entre outras.

Con esta iniciativa, o concello manifesta o compromiso coa cultura e lingua galegas como un sinal de identidade da vila. Ademais, reiteran dende o Servizo de Normalización Lingüística que é necesario que dende a Administración local se fomente un circuíto de distribución de libros promovidos polos concellos para evitar que, en ocasións, “acaben en caixas sen saída nin mellor sorte”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará