Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela demanda melloras no transporte público e liñas directas con Vigo e Pontevedra

RR_Noticias

O Concello vén de presentar alegacións ao Anteproxecto de transporte público da Xunta de Galicia. Demanda máis frecuencias, liñas directas con Vigo e Pontevedra, e melloras nas paradas do Alto de Cesantes, o Pereiro ou Cedeira “para reducir o uso do vehículo privado a favor do transporte público colectivo”.

O Concello de redondela presentou un informe de alegacións ao anteproxecto do servizo de transporte público interurbano de viaxeiros Eixo Atántico e conexións con Lugo, Lalín e Fisterra. O proxecto afecta a un total de 77 municipios, entre eles as 7 principais cidades galegas. Redondela ocupa o posto 11º en canto a densidade de poboación no conxunto do Eixo Atántico, e ocupa o 4º lugar en poboación na provincia de Pontevedra. A súa situación, entre as cidades de Vigo e Pontevedra, fai que conte “cunha elevada accesibilidade viaria que conven aproveitar e potenciar” segundo explica o goberno local. Por iso aposta por unha conexión interurbana “tanto de longo como de medio recorrido”. Lamentan que o a teproxecto da Xunta, que conta con 55 liñas e 80 rutas, só ofrece 2 liñas e 3 rutas con parada e Redondela. Ademais, un total de 12 liñas con inicio ou fin en Vigo non fan parada en Redondela. As alegacións solicitan que “a creación de novas rutas de conexión entre Vigo, Redondela e Pontevedra sen paradas intermedias co fin de obter unha comunicación directa e rápida entre os tres municipios”. Tamén demandan un aumento nas frecuencias na fin de semana, e mellorar paradas existentes con déficit como a do Alto de Censantes, o Pereiro ou Cedeira. Tamén reclaman desde Redondela máis información “sobre aspectos medioambienteis como a tipoloxía dos vehículos, xa que non se potencia o uso de vehículos impulsados por enerxías menos contaminantes, como o gas ou a electricidade”.
O obxectivo do goberno local é “reducir a mobildade en vehículo privado a favor doutros
xeitos máis sustentables como o transporte público colectivo”, polo que consideran de especial importancia ofrecer un servizo regular de autobuses “que se adecue á demanda”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará