Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pousiño, unha romaría que organizan os mozos para honrar un santo que non é tal

RR_Noticias

Este sábado o barrio do Pousiño, en Pazos de Borbén, celebra a Romaría do Santo Aparecido, unha festa na honra dun santo que non está recoñecido pola igrexa. A talla atopouse nunha escavación dunha sobras nos anos 80, e desde entón esta celebración é a máis importante par aos veciños.

O último sábado do mes de agosto, desde 1983, O Poousiño celbra a Romaría do Santo Aparecido. A edición desde ano será a 36ª, o próximo 31 de agosto. Karina Fontán, menbro da Comisión de Festas, explica a orixe desta celebración que se remonta varias décadas “na honra á misteriosa figura sen identificar que apareceu hai 36 anos nunha escavación cando se facía unha pista no monte”. Coñece ben a historia, aínda que ela non nacera, porque a talla quedou instalada fronte á casa da súa familia. Os veciños bautizárono como o Santo Aparecido e, desde entón, a finais de agosto, todos os veciños celebran unha romaría na súa honra. Trátase dunha festa moi especial para os barrios de Pazos, “e ninguén falta á cita”, explica Andrea Fernández, presidenta da Comisión. Malia que o santo non está recoñecido pola igrexa oficialmente, “o párroco celebra unha misa campestre como en calquera outra romaría”. Trátase dun día que todos agardan “con moita ilusión, os veciños participan e implícanse moito na festa”. Curiosamente a comisión de festas está formada por xente moi nova, a maioría non supera os 25 anos. Para sufragar os gastos da celebración venden rifas, camisetas e xerros, entre outras cousas “e todo o mundo colabora” explica Andrea. Grazas ao apoio da veciñanza poden ofrecer un completo programa de actividades e degustacións de sardiñas e outros produtos totalmente de balde. Os actos comezarán coa misa campestre, ao aire libre. Ao termo desta, será a hora da sesión vermú, amenizada pola charanga Vai de Baile e o grupo de gaitas Treboeiros de Moimenta. Para o xantar estará preparada unha carpa con mesas que os asistentes poden reservar. Tamén haberá un servizo de cátering para todos aqueles que non queiran levar a comida feita de casa. Pola tarde organizaranse xogos populares para que participe o público de todas as idades. Logo pola tarde a tradicional sardiñada, de balde para todos os asistentes. Haberá baile con DJ Charlie e DJ Mesu, para poñer punto final á festa con cervexa e chocolatada á que convidan a todo o público.

Andrea Fernández presidenta da Comisión
Os organizadores preparan un completo programa para o día da festa.
Karina Fontán da Comisión de Festas
A orixe desta celebración remóntase a 1983 "na honra á figura que apareceu nunha escavación"
O día grande para os veciños
Trátase dun día que todos agardan "con moita ilusión os veciños participan e implícanse moito na festa".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará