Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para solicitar as subvencións para comedor escolar e as asociacións de Redondela

RR_Noticias

En setembro remata o prazo para solicitar as subvencións e axudas que foron publicadas polo Concello de Redondela no BOP para distintas áreas, tanto as axudas para os alumnos que fagan uso dos comedores escolares como para asociacións e colectivos que programen actividades.

O pasado 20 de agosto de 2019 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o extracto das axudas de comedor escolar e outras subvencións aprobadas dende distintas Concellerías. Está aberto o prazo de Concellería de Ensino para todo o alumnado escolarizado en centros públicos de Redondela e que faga uso do comedor escolar. Dende a Concellería de Cultura tamén se aprobaron subvencións para Festivais non Profesionais de Música e Artes Escénicas; para as Comisións de Festas Populares, Tradicionais e Gastronóminas de Redondela; e para a realización de actividades culturais por parte de centros, asociacións e entidades culturais. Por outra banda, dende a Concellería de Participación Cidadá publicáronse as subvencións para a realización de actividades este ano 2019, e para gastos correntes dos centros parroquiais tamén no presente exercicio. O prazo de presentación das solicitudes remata o 15 de setembro para todas as subvencións, agás a axuda de comedor escolar que conta cun prazo de 30 días naturais dende a publicación, é dicir dende o 20 de agosto, polo que poden solicitala ata o 19 de setembro. Todas as persoas e entidades que estean interesadas en solicitar a axuda de comedor ou as distintas subvencións poden consultar a páxina web doConcello de Redondela (www.redondela.gal), onde están publicadas as bases e convocatorias, ou poden dirixirse ás Concellerías correspondentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará