Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana gastronómica en Chapela coa Festa da Sardiña e a Churrascada Popular do Círculo

RR_Noticias

O C.C.R. de Chapela organiza unha fin de semana de exaltación gastronómica no paseo marítimo da parroquia. O bo xantar, a prezos populares, estará amenizado tamén por actuacións musicais baixo a carpa instalada pola organización.

En Chapela despidne o mes de agosto e danlle a benvida a setembrou cun bo xantar. O sábado, 31 de agosto, celebran a Festa da Sardiña, a partir das 19:30 horas no paseo marítimo de Chapela. Cada socio da entidade poderá degustar un quilo de sardiñas e pan de trigo de balde. Cada quilo adicional ten un prezo de 10 euros, o mesmo que deberán pagar os non socios. Tamén haberá polbo e a actuación musical de Pepe Chine e a súa trompeta. O domingo cambian o peixe por carne, coa celebración da Churrascada Popular. Será a partir das 14:00 horas no mesmo emprazamento, cunha oferta gastronómica que conta con churrasco de porco, criollo e media botella de viño, a un prezo de 7 euros por persoa. O domingo a actuación musical correrá a cargo de Fausto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará