Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O teatro infantil e a Festa da Familia ofrecen diversión para todos os públicos en Soutomaior

RR_Noticias

A chuvia obrigou a pasada semana a atrasar as actividades programadas ao airte libre por parte da concellería de Cultura de Soutomaior. Mañá mércores estará no Campo de San Benito Inventi Teatro con “A tropa do doutor Milagre”. O venres, día 16, celebrarase a Festa da Familia no peirao de Arcade.

O Campo de San Benito en Romariz, Soutomaior, acollerá mañá mércores o espectáculo da compañía Inventi Teatro, coa obra “A tropa do doutor Milagre”, un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probrar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Este aloucado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo “nun auténtico show da venda ambulante”. Música, improvisación, xogo, baile, comedia, diversión e moito máis será o que atope o público neste delirante espectáculo de rúa para toda a familia. Será ás 20.30 horas. Festa da Familia A chuvia tamén obrigou a aprazar a Festa da Familia, prevista para o xoves da pasada semana, e que se celebrará este venres, 16 de agosto, de 17.00 a 20.00 horas, con inchables, tobogáns de auga e a festa da escuma.  

Noelia OCampo concelleira de Cultura e Xuventude
O mércores actuará Inventi Teatro coa obra "O doutor Milagre"
Festa da Familia
Celebrararase este venres 16 de agosto de 17.00 a 20.00 horas con inchables tobogáns de auga e a festa da escuma.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará