Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP redondelán culpa ao goberno bipartito do atraso nos traballos de desbroce dos camiños

RR_Noticias

Os populares acusan á alcaldesa, Digna Rivas, “de tentar ocultar a súa incompetencia falseando a labor do anterior goberno”. A voceira do PP redondelán, Carmen Amoedo, advirte que “a práctica totalidade dos trámites para contratar este servicio, xa estaban realizados cando Rivas accedeu á alcaldía”.
 

Denuncia Amoedo que, ante as queixas veciñais debido ao retraso dos labores de desbroce de camiños, Digna Rivas “tentou derivar a responsabilidade ao anterior goberno”. Os populares explican que o anterior goberno, con Javier Bas como alcalde, publicou o prego de condicións no perfil de contratante do Estado o pasado 28 de maio, e o 14 de xuño celebrou a mesa de contratación. Un día despois, o 15 de xuño, a socialista Digna Rivas acadou a alcaldía, “e o procedemento de contratacion paralizouse, retrasandose dous meses a adxudicación do contrato de desbroce”, afirma Amoedo. Critican os populares que o bipartito “perdeu semanas discutindo o reparto de sillóns e salarios, sin prestar atención a cuestións urxentes, esquecendo servizos básicos como o desbroce dos camiños nás parroquias, que hoxe se atopan nun avanzado estado de abandono”. Malia as críticas, o grupo municipal do Partido Popular “tentará respetar o tradicional marxe de 100 dias de cortesía ao novo goberno”, pero advirte “non imos permitir que se utilice
ese período para enganar a veciñanza de Redondela”, remata a voceira do PP nun comunicado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará