Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis dun cento de rapaces participan neste mes de agosto dos Campamentos Urbanos

RR_Noticias

Un total de 120 nenas e nenos, con idades comprendidas entre os anos 4 e 12 anos, participan nos campamentos organizados pola Concellería de Xuventude na Alameda de Redondela distribuídos en catro quendas ao longo do mes de agosto.

Un total de 120 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos de idades participan, ao longo do mes de agosto, nos Campamentos Urbanos organizados pola Concellería de Xuventude do Concello de Redondela que xestiona Nacho González. Os campamentos, que comezaron o pasado 5 de agosto, iniciaron este luns 12 de agosto a súa segunda quenda. A iniciativa, que se desenvolve na Alameda de Redondela, ou no multiúsos da Xunqueira en caso de choiva, busca ofrecer aos participantes un espazo onde interrelacionarse na época de vacacións ao tempo que desenvolven actividades lúdico educativas. Os campamentos de verán “son unha boa ocasión para que nenas e nenos fagan novas amizades e afonden en conceptos como o compañeirismo, a solidariedade e o traballo en equipo” a través de xogos. As quendas, de 30 participantes cada unha delas, desenvolveranse de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. As próximas quendas realizaranse nas semanas do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de agosto. As persoas interesadas poden consultar a listaxe de nenos admitidos na páxina web do Concello de Redondela, ww.redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará