Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por triplicar o límite de alcol premitido ao volante

RR_Noticias

O detido circulaba polo carril esquerdo, sen luces, dando continuos aceleróns e freadas, así como cunha velocidade excesiva para o tipo de vía. A Policía Nacional detívoo e comprobou que conducía o triplicando amplamente o límite máximo permitido de alcol, imputándolle por iso un delito contra a Seguridade Viaria.

A Policía Nacional detivo a un home de 43 anos de idade, de nacionalidade eslovaca e con domicilio en Redondela, como responsable dun delito contra a Seguridade Viaria. Os feitos tiveron lugar á primeira hora da madrugada, cando un vehículo policial que realizaba labores de prevención da delincuencia na zona de Llorones, en Vigo, observou o vehículo circulando sen luces e levando a cabo unha circulación errática e perigosa, sen respectar os sinais de tráfico, e que poñía en grave perigo a súa vida e a doutros usuarios da vía. Instantes máis tarde lograron pecharlle o paso e obrigárono a deter o seu vehículo. Identificárono e comprobaron que conducía baixo a influencia do alcol. Realizadas as probas, os axentes constataron que triplicaba amplamente o límite máximo permitido, e ordenouse a súa detención. O coche foi trasladado por un guindastre ao Depósito Municipal de Vehículos de Redondela. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Redondela en funcións de garda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará