Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O actor Luis Zahera anima aos veciños a achegarse a XX edición do Festival de Artistas de Rúa

RR_Noticias

Compras e ocio serán mañá as protagonistas nunha tarde na que Redondela gozará coas actuación enmarcadas na programación do vixésimo festival de Artistas de Rúa así como das propostas máis comerciais que nos deixa a Asociación de Empresarios de Redondela. Unha shopping night que ofertará descontos de ata o 70%, desfiles itinerantes e propostas de street food e que rematará coa actuación do actor e monologuista Luis Zahera na praza da Casa da Torre.

En total, son seis as propostas de Rúa que nos deixa a Concellería de Cultura e que arrancarán xa as 19:30 horas co pasarrúas a Danza dos Paxaros e o grupo itinerante Os Romeiros do Caracol. Xa as nove actuará o grupo de trapecistas “Máis alto aínda” na Alameda de Castelao e unha hora despois na praza da Constitución a quenda será para Diábolo Clasic Metal. As 21:30 actuará na praza do Pazo de Petán Só Xampatito e pechará a programación, Luis Zahera, quen ofrecerá un monólogo na praza da Casa da Torre. Un festival que se fusionará coa Shopping Night, que presenta a súa edición máis participativa cun total de 60 establecementos. Desfiles itinerantes a partir das sete da tarde e descontos do 20 ata o 70% que buscan animar aos clientes a facerse con eses produtos de tempada. Ademais das presentacións e promocións haberá outras actividades en paralelo e novamente súmanse os hostaleiros con street food nas rúas e postos de comida.    

Luis Zahera actor e monologuista
Será o encargado de pechar o Festival de Artistas de Rúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará