Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un punto limpo móbil percorrerá os barrios de Soutomaior para facilitar a reciclaxe

RR_Noticias

O municipio de Soutomaior contará cun novo punto limpo ambulante que dará servizo a todos os veciños do municipio. O obxectivo deste novo servizo, único en toda a comarca, é dar a posibilidade aos veciños de desfacerse axeitadamente daqueles residuos que non poden ser arroxados aos colectores habituais, como pilas, aceites, cartuchos de tinta ou pequenos electrodomésticos.

O novo punto limpo móbil disporá dunha ruta coa que se garantirá o acceso ao servizo por parte de todos os veciños. Nel os veciños poderán depositar residuos como pilas, aceites, cartuchos de tinta e tóner, fluorescentes, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe. Os obxectos de gran tamaño seguiranse recollendo a través do servizo de recollida de voluminosos. O punto limpo móbil é un colector metálico de 25 metros cúbicos, con varias bocas para depositar os residuos, instalados sobre unha plataforma rodante que permitirá o seu traslado periódico a todos os barrios do municipio. Para iso establecerase un calendario que estará dispoñible na páxina web municipal. Como complemento á instalación do punto limpo, o Concello tamén porá en marcha unha campaña de concienciación para animar as veciños a reciclar. O obxectivo é o de informar os veciños da maneira correcta de separar e depositar os seus residuos neste novo servizo para maximizar a súa eficiencia. Outra das vantaxes da posta en servizo deste punto móbil é a posiblidade de reducir as verteduras ilegais, que preocupan aos responsables das comunidades de montes do municipio. O orzamento do novo punto limpo é de 28.960 euros que serán financiados ao 80% pola Xunta de Galicia, polo que o Concello de Soutomaior afrontará os 5.792 euros do 20% restante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará