Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación e concello comprométense a axilizar a ampliación das instalacións do IES Pedro Floriani

RR_Noticias

Digna Rivas e máis a concelleira de Educación, Olga García Ballesteros reuníronse esta semana co xefe territorial de Educación, César Perez Ares, a quen lle trasladaron as demandas de Redondela en materia de Ensino. En concreto, César Perez Ares interesouse polo situación dos permisos municipais que permitan á Consellería de Educación ampliar a instalacións do IES Pedro Floriani e dotalo dun módulo máis.

A Consellería tiña solicitado información urbanistica no mes de abril sobre a posibilidade da ampliación, unha autorización da que aínda están pendentes, motivo polo que a alcaldesa comprometeuse a “adoptar todas as medidas precisas para axilizar o expediente xa que a ampliación do Pedro Floriani redunda en beneficio de todos os veciños e veciñas”.
Doutra banda, a rexedora local aproveitou o encontro para poñer sobre a mesa as necesidades que teñen os centros escolares do municipio competencia da Xunta de Galicia e elaborar un plan de actuación para dar solución ás carencias que, en distintas áreas, poidan ter.
Alcaldesa e xefe territorial de Educación emprazáronse para unha nova reunión que tería lugar, previsiblemente, a finais de setembro ou comezos de outubro, xuntanza na que xa se tratarían temas específicos, achegaríanse propostas e estableceríase un calendario de actuacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará