Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos prepárase para vivir a súa semana máis intensa

RR_Noticias

O grupo Ardentía será o cabeza e cartel dun festival folk que celebra este sábado a súa vixésima edición na praia  fluvial do concello. Seguiralle unha intensa semana de actividades con cine na rúa, o festivaliño, a festa da espuma e o recibimento á Caravana dos Arrieiros, un nutrido grupo de peregrinos que acompañados de carretas e animais están percorrendo a vía Mariana entre Braga e Muxía. E para rematar os días 9, 10 e 11 celebran as súas festas patronais.

O programa previsto arranca este sábado coa XX edición do Festival Folk na praia fluvial que contará con actuacións a partir das 21.30 horas coa banda de Gaitas do Concello e os grupos Volta e Dalle e Ardentía. Con todo, xa durante o día haberá festa tanto na praia como na carballeira coa posibilidade de degustar polbo e churrasco. O domingo a música será a das corais Lecedurium de Salvaterra de Miño e a coral Voces Fornelenses que actuará ás 20:00 horas na Igrexa parroquial. Durante a semana as citas estarán orientadas aos pequenos que poderán gozar do cine na rúa con proxeccións na praza da Igrexa o luns ás 22:00 horas da película hotel Transilvania 3 e o martes con Los Increíbles 3. O mércores a cita será co Festivaliño, unha caravana itinerante que chega a Fornelos para que os nenos participen de obradoiros, música, rodaxes e moitas sorpresas. As proposta infantil rematarán o xoves coa festa da espuma á partir das cinco da tarde. O venres arrancas as festas patronais e fano cunha visita moi especial, a dos 150 peregrinos que conforman a Caravana dos Arrieiros, un grupo que xunto coas súas carretas e os seus animais pernoctarán no concello no seu camiño entre Braga e Muxía. As festas da fin de semana déixannos ademais das tradicionais citas relixiosas as verbenas que o venres estará amenizada coa orquestras Fin de Siglo e Costa Blanca, o sábado co New York e Brujas e o domingo coa música de Alianza e a discoteca Eme Music e o Dj Magán, encargadons de poñer o punto e final a este programa festivo.  

Cayetano Tamaño Festival Folk
XX edición con Ardentía
Semana cultural
Actividades para o público infantil
Caravana dos Arrieiros
150 peregrinos con carretas e animais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará