Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela adxudica a rehabilitación do antigo colexio de Trasmañó para Centro social

RR_Noticias

As instalacións do antigo colexio de Trasmañó, que permanecen baleiras dende o ano 2010 cando a Consellería de Educación pechara as aulas por falta de nenos, converteranse no prazo de tres meses nun espazo cultural para uso dos veciños. A obra foi adxudicada a empresa Degalle Construcciones por 152.000 euros e será financiada con cargo ao remanente de tesourería. A actuación fora aprobada en pleno cos votos de PP e AER en maio do pasado ano.

O obxectivo é que o edificio, que leva case unha década en desuso, teña unha nova vida logo de ser rehabilitado para uso veciñal como local asociativo e espazo cultural.
O inmoble, de propiedade municipal, consta de dous andares duns 370 metros cadrados en cada unha delas. Conta ademais cunha parcela duns 3.500 metros cadrados, polo que dispón dun amplo espazo exterior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará