Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollida do Banco de Alimentos nos supermercados Eroski e Familia de Redondela

RR_Noticias

Un “Zampakilos solidario” que se desenvolve conxuntamente nos supermercados de Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona nas xornadas de venres e sábado, 14 e 15 de xuño. Trátase do terceiro ano que se celebra esta iniciativa na que Vegalsa Eroski comprométese a doar unha achega adicional do 4%. Dende a Fundación Banco de Alimentos agradécese a campaña e anima aos veciños a doar alimentos non perecedoiros para poder seguir axudando ás 25.000 persoas coas que colaboran na provincia de Pontevedra.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos mobilizará este fin de semana a máis de 300 voluntarios na campaña “Zampakilos Solidario” impulsada por Vegalsa-Eroski e que se desenvolverá en Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona. A recollida de comida levará a cabo mañá, venres, e o sábado, 14 e 15 de xuño, en distintos supermercados Eroski Center e Autoservicios Familia.
Por localidades: en Vigo participarán 220 voluntarios; en Redondela, 40, en Moaña, 20; en Porriño, 20; e, en Baiona, 15 máis.
Por terceiro ano, a iniciativa desenvolverase de xeito simultáneo este fin de semana en numerosos supermercados do grupo empresarial en Galicia, Asturias e Castela e León. Tamén haberá recollida de alimentos noutras superficies comerciais de Vegalsa-Eroski en Pontevedra e Marín. A cadea empresarial comprometeuse a doar unha achega adicional do 4 por cento en produtos.
Este ano como novidade, ademais da entrega de alimentos directamente nas tendas, os clientes terán a posibilidade por primeira vez de facer doazóns económicas a través das caixas dos establecementos, creándose unha liña de crédito para cada Banco de Alimentos que poderán trocar ao longo do ano en función das súas necesidades.
En canto ao Banco de Alimentos de Vigo, esta acción solidaria suporá un importante impulso en canto ao abastecemento de produtos básicos para o almacén co que conta en Lavadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará