Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto no Multiúsos co gallo da reedición de “Estirpe” de Méndez Ferrín

RR_Noticias

Con esta iniciativa, o Servizo de Normalización Lingüística quere render homenaxe a un dos libros máis relevantes da literatura contemporánea, cando se cumpren 25 anos da súa publicación, ao tempo que facer unha homenaxe ao seu escritor. O acto celebrarase no Auditorio da Xunqueira hoxe xoves 13 ás 19:30 horas. O acto contará coa intervención de Méndez Ferrín e a música de María do Ceo.

Unha actividade que inclúe un breve recital poético de “Estirpe”, e as intervencións do director de Edicións Xerais, Francisco Alonso, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Angel Santalices, o Alcalde de Redondela, Javier Bas e pechará o propio autor, Méndez Ferrín.
Ademais entregarase aos asistente un exemplar gratuíto do poemario atendendo á “importancia de que nas casas haxa libros, nun tempo de tanta lectura virtual en aplicacións móbiles e informáticas. Achegar “Estirpe” é unha forma de difundir e poñer en valor unha relevante obra poética”.
Unha obra que segundo salientan dende Normalización Lingüística é un canto á conformación histórica do pobo galego onde a natureza, os personaxes históricos e a tradición popular se unen grazas ao poderoso verso de Ferrín. Un libro que amosa claramente o por que é Xosé Luís Méndez Ferrín un dos autores imprescindibles da historia da literatura galega.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará