Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión determinante hoxe entre PSOE e AER para desaloxar a Bas da alcaldía

RR_Noticias

Logo de varias xuntanzas entre as comisións negociadoras de ambos partidos, todo apunta a que esta tarde podería haber un acordo que facilitase a investidura de Digna Rivas no pleno do vindeiro sábado. A Agrupación de Electores adianta ademais que a día de hoxe “hai unha proposta sobre a mesa de formación de goberno a través da cal o PSOE amosou a súa disponibilidade a formar un goberno bipartito no que AER asumiría diferentes concellerías”.

Malia que a reunión celebrada este mércores finalizou sen acordo, as negociacións entre PSOE e AER avanzan e poderían dar os seus froitos na reunión que os volverá xuntar ás 21:00 horas de hoxe.
O acordo de investidura estaría moi avanzado, unha vez que os socialistas xa aceptaran as propostas presentadas a pasada semana pola Agrupación de Electores. Queda agora salvar o escollo da formación de goberno “aínda temos que decidir si entramos ou non no executivo local, con que responsabilidades e ao fronte de que concellerías. A nosa intención é decidir todas estas cuestións antes do sábado” explica Noé Cano quen engade que “tanto a cuestión de investidura como a formación do goberno están sobre a mesa”.
Neste sentido asegura que hai unha proposta do PSOE na que xa se falaría de departamentos concretos que quedarían baixo o mando de AER. Con todo prefiren non adiantar acontecementos “aínda estamos a traballar esa cuestión e será a asemblea quen tome unha decisión ao respecto”.
Digna Rivas prefire pola súa banda gardar silencio á espera de pechar un acordo que lle permita facerse coa alcaldía, algo que depende do que voten este sábado os tres concelleiros de AER, unha vez que xa están confirmados os apoios dos dous edís do BNG.
A incógnita resolverase o sábado 15 na sesión plenaria que se celebrará ás 11:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará