Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As imaxes corporais de Inés Pasic dan inicio ás representacións de sala do Festival de Títeres

RR_Noticias

Unha proposta que de seguro sorprenderá a todos os asistentes, como xa o fixera hai 18 anos cando na II edición deste festival chegara a Redondela co dúo Hugo e Inés. Nesta ocasión en solitario proponnos unha sucesión de números nos que cada parte do corpo se converte nun ser con vida propia para reflexionar sobre o nacemento,  o amor, a ambición, morte… Unha obra que leva por título “Desde el azul” hoxe mércores ás 21:00 horas no Multiúsos. Espazo que mañá xoves ocupará a arxentina Valeria Guglietti, con “10 años de sombras”.

Arrancan así as primeiras funcións de sala para as que xa se poden retirar as entradas a un prezo de 6 euros público adulto, 4€ os menores de doce anos. Entradas que se poñen a venda dúas horas antes do inicio de cada función. Pero tamén este xoves haberá un “especial vésperas” coa primeira das obras de rúa con Ocelot Teatro e a súa función “Dondésh y Pitón” na Praza do Concello o xoves ás 19:00 horas e os franceses de Theatre Jaleo que estrearán o seu teatro portátil instalado no mercado do gando na Marisma co primeiro pase do Especial Titirinoite ás 23:00h. O seu espectáculo, “Edén”, é un cabaré para unha bailadora, nove títeres e os sete pecados capitais. Sete historias que se sucederán nunha viaxe onírica e que fala da parte escura que todos levamos dentro. As entradas para esta función teñen un prezo único de 5€, e poderanse mercar con antelación na billeteira do Festival ou unha hora antes no mesmo espazo.  

Inés Pasic titiriteira e actriz
Unha obra diferente baseada na expresión corporal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará