Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A XV Festa do ovo de Nespereira cociñará 4000 ovos caseiros

RR_Noticias

A colaboración dos veciños é indispensable para poder celebrar unha cita gastronómica na que non faltará a tortilla de patacas, tortilla francesa, empanada de ovo e atún e, como non, o prato estrela: ovos fritidos con patacas e chourizo. Un evento que confía en congregar máis de mil persoas durante a xornada do domingo, na que os pratos se poderán degustar baixo unha carpa nesta parroquia de Pazos de Borbén.

Hai 15 anos un grupo de veciños decidía poñer en marcha esta festa gastronómica co obxecto de dar a coñecer a parroquia e animar a que tanto veciños do concello como da contorna se achegaran a coñecer o lugar. Elixiron para iso un produto “que comprace a todos os gustos, tanto de grandes como de pequenos”, unha cita completamente consolidade que confía volver repetir o éxito de anos anteriores. A xornada arrancará cunha andaina organizada polo Concello e a Asociación de Veciños El Carmen de Nespereira, un percorrido circular de 12 quilómetros de dificultade media a través do Monte Galiñeiro que servirá para “ir abrindo o apetito”. A partir das 11:00 horas comezarán a servirse os diferentes pratos elaborados con ovos caseiros e xa a unha do mediodía será a quenda do pregón, que correrá a cargo de Adrian Díaz, do programa Larpeiros. A festa estará amenizada polo Dúo Estelar e o grupo de gaitas Árdelle o Eixo. Haberá tamén inchables e animación para os máis pequenos completamente de balde e animación a cargo de Pesdelán a partir das 16:00 horas.  

María Cruces comisión de festas
Pratos variados a base de ovo
Programa
Música animación e pregoeiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará