Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán SAR, unha aposta de éxito pola canteira

RR_Noticias

Se hai algo que caracteriza ao club redondelán e a súa aposta clara e decidida pola canteira. Desde os equipos da base ata o de División de Honra Prata. Unha filosofía que leva á SAR a apostar “pola xente da casa” en todas as facetas, tanto no cadro de xogadores e xogadoras como no corpo técnico. Os éxitos dos diferentes equipos son froito dese traballo e da implicación de todo o club.

Honra Prata Feminino O equipo de máxima categoría, a SAR Rodavigo de Honra Prata Feminina, acadou o obxectivo da permanencia, malia un comezo de liga un tanto irregular polas baixas de varias xogadoras. Equipos de categoría superior como o Porriño “pescaron” na canteira da SAR, o que supón tamén “un orgullo para o club”. O presidente do club, Aurelio Krook “Lito”, explica que tiveron que completar o equipo con xogadoras moi novas da canteira “que van dando relevo ás que marchan” e amósase “moi satisfeito” co traballo do equipo. O adestrador, Elisardo Covelo “Chini” seguirá un ano máis como técnico do equipo, e para el ten tamén o presidente palabras de agradecemento. Salienta o seu “magnífico labor”, e afirma que “xa está a traballar no proxecto para a próxima temporada”. Primeira Autonómica No caso do equipo masculino de Primeira Autonómica, que rematou a liga na terceira posición, “Lito” sinala que se trata dun conxunto “en formación”. Son o combinado “máis novo da categoría” e ten “moita capacidade de progresión” nos próximos anos. No club salientan que estiveron a piques de entrar na fase de ascenso, cuns resultados que son “todo un orgullo” para uns xogadores tan novos. O que ata agora fora o seu entrenador, Diego Lorenzo, deixa o club por motivos laborais, e desde o club agredecen a súa “dedicación e esforzo” dos últimos anos. A próxima temporada serán outros dous “homes da casa” os que se fagan cargo do equipo: Pablo “Groucho” e “Manolón”. Na directiva son así fieis á súa filosofía de apostar sempre “por xente do club”. Actividades complementarias No club siguen apostando tamén pola formación dos seus adestradores, e as actividades complementarias para os equipos da base, que son en total 17. O próximo 2 de xuño participarán en Vigo na xornada de “Balonmán na rúa” e nas Festas da Coca tamén realizarán partidos na rúa. No mes de xullo, uns 90 rapaces e rapazas dos equipos da SAR viarán a Portugal para participar na Paredes Cup.

Aurelio Krook "Lito" presidente do club
Amósase "moi satisfeito" co traballo do equipo de División de Honra Prata coa entrada de xogadoras moi novas.
Renovación de "Chini"
Elisardo Covelo "Chini" seguirá un ano máis como técnico do equipo. O presidente destaca a súa gran labor.
Primeira Autonómica
Son o combinado "máis novo da categoría" e o equipo ten "moita capacidade de progresión" nos próximos anos.
Cambio de técnicos
Diego Lorenzo deixa o club por motivos laborais e outros técnicos da casa collen o relevo: Pablo "Groucho" e "Manolón".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará