Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra o XXIII Maratón escolar das Letras con participación de máis de 800 alumnos

RR_Noticias

Este xoves 16 de maio celébrase en Chapela unha nova edición do Maratón das Letras. Xuntaranse máis de 800 alumnos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos dos centros públicos de Chapela para correr pola lingua nun entorno incomparable como é praia de Arealonga e o paseo de Cardona.

Para amenizar a xornada festiva que este ano celebra a Antón Fraguas, haberá animacións varias, venta de libros solidarios, música tradicional, bookcrosing entre alumnado, photocall… e outras sorpresas.
Unha actividade a prol da lingua organizada entre os Centros  educativos de Laredo, Igrexa, Alexandre Bóveda e o Instituto de Chapela co gallo do Día das Letras galegas e que arrancará ao redor das 10:30 horas da mañá.
Un maratón con carácter solidario a favor das vítimas da violencia de xénero, motivo polo que se porá a venda o libro de Sesé Mateo, a muller asasinada pola súa exparella en Chapela hai dous anos. Cada exemplar venderase a 10 euros, cartos que se destinarán ao Fondo de Becas Soledad Cazorla Prieto para a axuda aos nenos e nenas orfos pola violencia machista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará