Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O escritor Manuel Rivas participa en Redondela dun encontro aberto no Multiúsos

RR_Noticias

O escritor Manuel Rivas participa este mércores 20 de marzo nun encontro público organizado por Normalización Lingüística e as bibliotecas municipais que se vai desenvolver no auditorio do Multiúsos da Xunqueira ás 19:00 horas.

Unha actividade enmarcada dentro do proxecto de intercambio bibliotecario “Literaturas irmás”, que comparten o Concello de Redondela e a vila de Monção. De feito, Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a biblioteca portuguesa mentres que en Redondela déuselle protagonismo ao escritor portugués José Saramago o que acolleu Redondela. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o mutuo coñecemento cultural e lingüístico. No encontro do vindeiro mércores Rivas abrirase a responder as preguntas de todos os que se acheguen a esta actividade aberta a todo o público.  

Mª Elena Becerra Biblioteca Redondela
Conversa con Manuel Rivas
Literaturas irmás
Un proxecto de intercambio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará