Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Brinca Vai de Paco Nogueiras inaugura o I Ciclo de teatro infantil de Redondela

RR_Noticias

A Concellería de Cultura pon en marcha un ciclo de teatro e música orientado ao público familiar que achegará a Redondela unha actuación mensual á que hai que sumar unha quinta proposta en Chapela. A primeira actuación correrá a cargo de Paco Nogueiras este domingo 20 ás 18:00 horas quen regresa ao noso concello co Brinca Vai 2.0. As entradas están xa a venda no Multiúsos a un prezo de 3 euros. A seguinte proposta será en Chapela o sábado 26 coa sala de Catapumchimpun e a compañía Titiribaile.

O Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd Brinca Vai editado por Kalandraka Editora no que se inclúen cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal. Ademais de interactuar coa “máquina” coa que Paco Nogueiras reforza as melodías dos instrumentos que toca en directo, esta versión 2.0 incorpora como elemento destacado unha “pantalla” na que se proxectan fragmentos dos videoclips das cancións e mesmo fai partícipe o público, a través das imaxes en directo que transmite cunha cámara de vídeo. O humor está presente de principio a fin nesta función, na que maiores e pequenos moveranse a ritmo de rap, techno, rock e reggae, que son algúns dos estilos modernos que caracterizan as composicións de Paco Nogueiras.    

Teresa París Concelleira de Cultura
Un ciclo pensado no público familiar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará