Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto da Vargas Blues Band en Redondela

RR_Noticias

A formación liderada por Javier Vargas presentan en Redondela so seu concerto King of Latin Blues, da man da Concellería de Cultura. As entradas están á venda a un prezo de 10 euros (8 euros entrada reducida) con reservas no número 986 40 28 65. O concerto será este sábado día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Unha oportunidade para o público local de achegarse a unha das grandes bandas do blues latino. Unha agrupación que leva décadas colleitando grandes éxito en todo o mundo, colaborando con artistas de enorme recoñecemento como Carlos Santana, Glenn Hughes, Raimundo Amador, Miguel Ríos, Andrés Calamaro, Prince e outros artistas internacionais.
Liderada por Javier Vargas, a banda leva gravados máis de 20 discos dende a súa fundación en 1991.
Unha ocasión perfecta, explican dende a Concellería “para escoitalos nun concerto íntimo e acústico, nun auditorio recollido e moi apropiado para apreciar a gran calidade de músicos como Javier Vargas e a súa Vargas Blues Band”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará