Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pide eliminar a bonificación do IBI a Audasa

RR_Noticias

O pleno de Redondela aprobou por unanimidade unha moción presentada polo PP na que se insta ao goberno do estado a que realice as modificacións pertinentes de cara a eliminar a bonificación do IBI a Audasa. Un beneficio fiscal que permite á concesionaria da autoestrada aforrase un 95% deste imposto. Todos os grupos votaron a favor da moción malia criticar o “oportunismo político do PP, que cando gobernaban e Madrid votaron en contra dunha proposta idéntica presentada por En Marea”.  Esta medida permitiría ao Concello ingresar por este concepto 133.000 euros máis.

A portavoz do PP, Carmen Amoedo explicaba que a día de hoxe o concello de Redondela recibe de Audasa tan só 7.000 euros en concepto de pago do IBI ao beneficiarse dunha exención fiscal do 95% que en caso de eliminarse permitiría incrementar esa taxa ata os 140.000 euros. Unha proposta que foi apoiada por todos os grupos quen recriminaron sen embargo o que cualificaron de “oportunismo político do PP”. Así, o concelleiro non adscrito Enrique Fojo lembraba que os populares votaran en contra desta reclamación cando a presentara En Marea e Podemos. “petición que os populares rexeitaron mentres Mariano Rajoy gobernaba en Madrid, alégranos que por fin se rendan ao que é xusto e se sumen a nosa demanda” e concluía afirmando que “non é que apoiemos a moción, e que a moción é nosa”. Tamén no BNG secundaban a moción malia criticar o que cualificaron de “cinismo político” do PP de quen din “funcionan só en base ao rédito electoral, submisos mentres os seus gobernan en Madrid e practicamente Kale borroka cando gobernan outros”. Dende AER poñían en dúbida esta petición atendendo a que outros concellos ou incluso a propia Deputación o solicitara no seu día sendo a petición rexeitada polo Tribunal Supremos. Roberto Darriba defendía como mellor opción seguir os pasos doutros concellos trasladando esta demanda á Unión Europea. Finalmente a socialista, Digna Rivas sumábase aos argumentos do restos dos grupos lembrándolle ao PP que “cando gobernaban en Madrid non se lle pasou pola cabeza presentar algo así”. Engadía que o seu grupo ía votar a favor “porque nos defendemos os intereses de Redondela independentemente de quen estea no goberno”.  

Carmen Amoedo PP
A moción o foi presentada polo PP
Enrique Fojo edil non adscrito
Lembrou que a mesma petición fora presentada por En Marea e rexeitada polo grupo popular
Xoán Carlos González BNG
Unha inciativa cargada de cinismo político
Roberto Darriba AER
Entenden que a moción tería máis percorrido se seguira outros camiños
Digna Rivas PSOE
Os socialistas tamén afearon aos populares o momento elixido para a proposta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará