Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba un orzamento de 4,8 millóns de euros

RR_Noticias

O pleno de Soutomaior aprobou os seus orzamentos para este ano. A previsión inclúe todos os investimentos que se realizarán con financiamento procedente doutros entes como a deputación e a Xunta de Galicia e ascende até os 4,8 millóns de euros, destacando especialmente as partidas dedicadas á promoción de actividades culturais e de xuventude, cun total de 317.000 e 105.000 euros respectivamente. Inclúen tamén a reforma da biblioteca municipal de Arcade, na que se instalará un novo ascensor ao nivel da rúa para facilitar o acceso a veciños con problemas de mobilidade.

O alcalde de Soutomaior, o popular Agustín Reguera, definiu estes novos orzamentos como “realistas e baseados na eficiencia na xestión. Aseguramos o mantemento de todos os servizos, incrementando as partidas máis importantes, mantendo a Débeda 0 e pensando nos veciños coa conxelación de taxas municipais por sétimo ano consecutivo”. 
A previsión para este ano contempla un aumento xeneralizado en case todas as partidas,
Unha das partidas máis cuantiosas, con 372.000 euros de previsión de gasto, é a destinada a sufragar as actuacións en materia de protección e acción social, onde se inclúen as iniciativas levadas a cabo polos servizos sociais, accións para a 3ª idade e a concellería de Igualdade, que este ano disporá de 81.000 euros.
As previsións de gasto para estimular o emprego e a actividade comercial no municipio tamén crecen este ano até alcanzar os 213.000 euros.
No capítulo dos investimentos, destinarase un total de 563.000 euros para actuacións de todo tipo como a compra de novos desfibriladores para os recintos deportivos, recuperación do patrimonio histórico, equipos informáticos e asfaltados en practicamente todos os barrios do municipio. Ademais, mantéñense as axudas ao transporte e material escolar, así como a contribución ao transporte metropolitano.
Outra das concellarías que aumenta os seus ingresos este ano é a de Medio Ambiente, con 184.000 euros de orzamento, este ano mellorará notablemente as súas actuacións para combater a praga da avespa asiática e acometer diversas campañas de concienciación cidadá, como as destinadas á promoción da compostaxe ou á recollida de excrementos caninos por parte dos donos.
Críticas da oposición
Unhas contas aprobadas unicamente cos votos do PP e que o principal grupo da oposición, o BNG, cualifica de “orzamento de vila dormitorio”. Criticaron dende o Bloque non ter acceso á documentación con tempo suficiente e que  o goberno local renunciase a consensuar esas contas cos veciños.
Manu Lourenzo denunciou tamén que os investimentos que se contemplan están máis pensados nos intereses electorais do PP que no interese xeral da veciñanza vemos como máis do 50% do investimento está destinado a “xa clásica práctica de piche a cambio de votos” e denunciou que os orzamentos non teñen proxecto nin máis modelo de concello que o de perpetuar Soutomaior como unha vila dormitorio na que a xente non fai vida e na que o comercio local padece o abandono e o esgotamento deste goberno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará