Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teresa París: “Non imos prescindir do festival, o Redondela en curto vaise facer si ou si”

RR_Noticias

A Concelleira de Cultura asegura que, malia a dimisión de Fernando Carreira Cuchi quen fora o director do festival de curtametraxes dende o seu inicio hai 14 anos, dende o Concello vanse buscar fórmulas para manter esta cita. O obxectivo é que neste ano se celebre a súa XV edición aínda que si recoñece que vai ser difícil que se manteña nas datas habituais ante a complexidade de organizar o evento en menos de catro meses.

“Non imos prescindir do festival, o Redondela en curto ten que seguir para adiante si ou si” en palabras da Concelleira de Cultura, Teresa París “non é unha actividade da que poidamos prescindir polo que traballaremos para que o festival non se perda”. Confirma a edil que o Redondela en curto celebrará neste 2019 a súa XV edición pero sen determinar as datas “logo da dimisión de Fernando Carreira que pilotaba o certame dende o seu inicio é moi difícil atopar quen o organice en tempo e forma en menos de catro meses. O máis probable é que teñamos que pospoñer a data da súa celebración pero non imos deixar de organizar un evento con tanto percorrido e que ten situado a Redondela no mapa das citas cinematográficas de toda Galicia e incluso toda España”. Amósase comprensiva coa decisión de Cuchi “sabemos que organizar un evento destas características supón moito esforzo e nos últimos anos xa nos tiña trasladado a súa intención de deixar a dirección”. Non comparte, en todo caso, as súa críticas sobre a falta de implicación do Concello xa que asegura “houbo sempre unha colaboración permanente tanto por parte da Alcaldía como da Concellería”. Engade que como director “tiña completa liberdade á hora de organizar o evento e que sempre se tentou facilitar as cousas e atender a todas as súas demandas mellorando os medios e os orzamentos”. En canto aos atrasos dos pagos a proveedores ou premiados apunta París que “a Administración ten os seus trámites pero sempre se tentou facer todo o posible por axilizar as xestións respectando a legalidade”.  

Teresa París Concelleira de Cultura
O concello non vai renunciar ao festival
Comprende a dimisión
Entende a decisión de Fernando Carreira Cuchi logo de 14 anos ao fronte do Festival
Colaboración permanente
Asegura que houbo sempre implicación por parte da súa concellería ás demandas da organización

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará