Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre o prazo para inscribirse nun programa de ximnasia dirixido a persoas maiores

RR_Noticias

As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela con grupos dun máximo de vinte persoas. Os interesados deberán inscribirse entre o 15 e o 31 deste mes na oficinas de Servizos Sociais.

A Concellaría de Benestar Social de Redondela pon en marcha durante o próximos seis meses un novo programa de ximnasia en movemento, unha actividade incluída na iniciativa “Hábitos saudables e envellecemento activo da poboación”. Para o desenvolvemento do programa contarase cunha licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, especialista en persoas maiores que levará a cabo as tarefas de planificación da actividade e o deseño dos exercicios para os distintos grupos.
A idea é ofrecer máis opcións aos maiores de 60 anos que se atopan activos fisicamente e para os que é conveniente unha ximnasia específica que lles axude a manterse en forma.
As clases impartiranse nos pavillóns de Redondela e Chapela e o prazo de inscrición ábrese este martes día 15.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará