Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla de Miguel Anxo Seixas en torno á figura de Castelao

RR_Noticias

Normalización Lingüística organiza hoxe xoves, ás 19:30 horas na Casada Cultura unha charla coloquio co obxecto de afondar na figura do político e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O conferenciante é membro da Fundación Castelao, responsable da exposición do Gaiás “Castelao maxistral” (dedicada ao cadro da “Derradeira leición do mestre”) e autor dunha das teses máis completas que se fixeron até o presente.

En próximas semanas está previsto que saia a luz na Editorial Galaxia un libro divulgativo sobre Castelao feito a partir do traballo de investigación de Miguel Anxo Seixas, conferenciante encargado da charla desta tarde. Xa na vindeira semana, o xoves 24 terá lugar unha segunda cita en torno a Castelao que contará coa presenza de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.  

Xurxo Martínez Normalización lingüística
Charla en torno a Castelao

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará