Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela e o grupo Cha, cerveja e violão súmanse ao concerto solidario de Lenda

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres ás 20:30 horas a tradicional concerto de Nadal que organiza a Asociación Lenda co obxecto de recadar fondos que destina a diferentes iniciativas solidarias. Nesta ocasión o recadado coas vendas das entradas, que se poden adquirir a un prezo de 5 euros no Café da Vila e na sede da propia asociación, axudarase a diferentes usuarios do centro.

Ademais da formación Os Mércores Musicais de lenda, a asociación volve contar para este concerto coa Rondalla de Redondela e cun grupo de recente formación a cargo de músicos locais como é Cerveja, cha e violão. Por outra banda, durante toda a semana ofertan os produtos artesanais elaborados polos usuarios da asociación no antigo local de Scarpa na praza Reveriano Soutullo. Xabóns, axendas, cadernos, tazas, chaveiros, colgantes e outras moitas propostas que se poderán adquirir ata o vindeiro venres.  

Jaime Figueroa Lenda
Concerto de Nadal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará