Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de remo de Cesantes demanda instalacións axeitadas para os seus deportistas

RR_Noticias

Así llo trasladaron á candidata socialista á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, nunha reunión na que estivo presente tamén o club de remo de Chapela. O obxetivo da xuntanza era coñecer de primeira man as súas necesidades e escoitar as súas achegas. Ambas entidades presentan problemas similares derivados, principalmente, das particulares características que ten o remo para a súa práctica, como é a necesidade dunhas instalacións axeitadas e, fundamentalmente, o elevado custe do material.

En canto á necesidade de contar cunhas instalacións axeitadas, o Club Remo Cesantes está particularmente afectado xa que dende o ano 2011, o Goberno do PP de Redondela adquiriu o compromiso de buscarlles una solución algo que, preto de 8 anos despois, aínda non se produciu.
Digna Rivas, pola súa banda, subliñou a importancia que ten o remo para o municipio ao que considera “un dos grandes patrimonios deportivos con que conta o municipio” que queda reflectido no alto nivel competitivo que teñen ámbolos dous clubs.
A candidata socialista asegurou que se “estudarán vías de colaboración reais, estudadas e programadas” xa que se amosou contraria a “vender fume como fai o actual Goberno do PP que adquire compromisos que, co tempo, quedan sen cumprir”.
“É importante -asegurou Rivas- que estes clubs poidan desenvolver o seu traballo nunhas condicións axeitadas sobre todo tendo en conta que contan cun grande número de rapaces e rapazas, a canteira do remo redondelán, que merecen ter instalacións apropiadas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará