Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reclama un novo procedemento para subir o IBI a AENA e as empresas que ocupan o litoral

RR_Noticias

Explican que non apoiaron a alegación do BNG neste sentido debatida no pleno extraordinario celebrado onte porque os informes dos técnicos municipais apuntaban que “se o pleno aceptaba esa proposta produciríase indefensión dos afectados”. Argumentan que para cambiar a ordenanza, e aplicar tanto a AENA como ás empresas asentadas en terros da Autoridade Portuaria no litoral de Redondela a mesma suba aprobada para Audasa, é preciso que se inicie un novo procedemento.

A Agrupación de Electores lembra que xa no pleno do pasado mes de setembro defenderon que a suba que se vai aplicar a empresa concesionaria Audasa debía aplicarse tamén a AENA, responsable do aeroporto, así como as empresas asentadas no noso litoral entre as que se atopa Aucosa.
A modificación na ordenanza do IBI tal e como se aprobou definitivamente no pleno de onte supón unha suba do “impostos sobre bens inmobles de características especiais” pero ao aplicar esta suba exclusivamente a Audasa o ingreso extra será de tan só 1.081 euros. AER lembra que se poderían recadar 52.121 euros no caso de aplicar a mesma suba a todos os afectados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará