Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A renovación do Mercado de Chapela transformará o centro nunha praza adaptada e moderna

RR_Noticias

En xaneiro, despois das festas de Nadal, comezarán os traballos de remodelación do interior da praza, que incluirán pavimento antideslizante, nova iluminación, aire acondicionado e portas de acceso e baños adaptados. As obras faranse polas tardes e nas fins de semana para non interferir no horario de apertura do mercado.

O Mercado Municipal de Chapela experimentará unha remodelación integral, demandada desde hai anos polos vendedores e os clientes, e que se realiza en dúas fases. A decisión adoptouse entre o Concello e os propios vendedores para non interferir na actividade diaria da praza de abastos. A primeira, xa rematada, supuxo a remodelación de todo o exterior do edificio e a cuberta, como explica Jesús Crespo, concelleiro de Feiras e Mercados. Despois da festas de Nadal, en xaneiro, comezará a segunda fase. Con esta obra preténdense renovar integramente o interior da praza coa substitución do chan, instalando un pavimento en resina antiescorregadiza que mellorará as condicións de salubridade, xa que será de fácil limpeza e permitirá cumprir coas actuais esixencias técnico-sanitarias. Inclúese ademais nesta actuación a substitución do falso teito, aproveitándose tamén esta obra para cambiar a canalización dos sumidoiros, que evitará os atascos que aogra se producen por ser as canalizacións moi antigas e estreitas. Dotarase de ventilación ao interior do mercado, e incorporaranse luminarias de tecnoloxía led que melloren a iluminación. Ademais, modernizaranse as portas de acceso e os aseos, e crearase un adaptado a discapacitado. Os traballos contan cun orzamento duns 80.000 euros, e unha vez rematados suporán unha renovación interior total da praza de abastos. Crespo confía en que a reforma contribúa a mellorar a actividade da praza, e fai un chamamento aos veciños para que merquen no comercio e os mercados locais, que ofrecen un producto de gran calidade e unha atención “inmellorable” aos clientes.

Jesús Crespo concelleiro de Feiras e Mercados
A remodelación do Mercado de Chapela faise en dúas fases. A primeira parte exterior xa está rematada.
Reforma interior
Os traballos de remodelación no interior incluirán pavimento antideslizante nova iluminación aire acondicionado e portas de acceso e baños adaptados.
Produto e atención de calidade
Crespo fai un chamamento aos veciños para que merquen no comercio e os mercados locais que ofrecen un producto de gran calidade e unha atención "inmellorable".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará