Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As lesións e os erros lastran ao Choco, que non conseguiu pasar do empata ante o Ourense

RR_Noticias

Un punto que sabe a pouco, logo de que os de “Gonza” fixeran máis méritos para levar o triunfo en Santa Mariña. A fin de semana déixanos vitorias de Arcade e Atl. Vilar na Primeira e Segunda Autonómica, e do Balonmán Chapela na Primeira Nacional masculina.

Terceira división
Choco 2-2 Ourense
O equipo redondelán volveu demostrar que é un dos equipos máis fortes na casa, aínda non perdeu ningún partido en Santa Mariña. Os de “Gonza” foron mellores, fixéronse co balón e dominaron o xogo. Félix anotou o primeiro gol aos 15 minutos de xogo, e pouco despois errou o que podería ter sido o segundo. Pouco antes do descanso o UD Ourense mandou unha falta lateral á area, houbo dous rexeites e logo Víctor Nieves anotou o empate. Na xogada mancouse tamén o mediocentro e central redondelán, Alberto Suárez. Entrou Nacho, nada máis comezar a segunda parte, Hugo García adiantou ao U.D. Ourense. O Choco recuperouse do pau e buscou o empate, que chegou cun gol de Gabri Palmás 12 minutos despois. Logo o Choco tivo ocasións para facerse coa vitoria, pero o balón bateu co longueiro ou erraron no man a man co porteiro visitante. O empate deixa ao Choco na 12ª praza do grupo. Na próxima xornada poderían ter ocasión de mellorar resultados e acadar unha vitoria fóra da casa, xa que visitan o campo do pechacancelas, o Porriño Industrial.
Choco: Cortegoso, Lazcano, Alberto Suárez (Nacho, min. 46), Samu Santos, Caloi (Joao, min. 83), Comis, Gabi Misa, Gabri Palmás, Félix, Cora (Vilas, min. 71).
UD Ourense: Pato Guillén, Gómez, Pablo Álvarez, Nieves, José Rodríguez, Germán, Magisano (Adrián Rodríguez, min. 59), Presas (Fondevila, min. 78), Rubén Rodríguez (Luis, min. 70), Marcos Alonso, Hugo García.
Goles: 1-0, min. 15: Félix; 1-1, min. 45: Víctor Nieves; 1-2, min. 47: Hugo García; 2-2, min. 59: Gabri Palmás.
Primeira Autonómica

Gran Peña 0-3 Arcade
Ao oito minutos xa marcou o primeiro gol o Arcade a través de Eloy e oito minutos despois Juanma de cabeza facía o segundo, o que deixou moi tocado ao equipo vigués. Na segunda metade a Gran Peña tentou meterse no partido, pero o terceiro gol de Antolín, nunha contra, sentenciou o choque. O Arcade agora é 6º, na próxima xornada recobe a un dos fortes do grupo, o Sp. Guardés, 3º.
Segunda Autonómica

Gondomar 2-3 At. Vilar
Importante vitoria a domicilio dos de Mon Sanromán, e no campo dun dos equipos fortes do grupo. Os tres puntos dan tranquilidade ao Vilar, que é 12º. O domingo reciben en San Martiño ao Teis, tres postos por baixo na táboa.
Ponte Arnelas 5-3 Cesantes
Derrota do Cesantes nun encontro con moitos goles, que deixa aos redondeláns no ecuador da táboa. Na próxima xornada reciben ao Deiro, co que están empatados a puntos.
Terceira Autonómica

Arenas Alcabre 2-2 Chapela
Reaprto de puntos no encontro disputado polo Chapela en terras viguesas, malia que os de Redondela demostraron máis e mellor dominio do xogo. Agora son 6º, na próxima xornada reciben ao Oiense, pechacancelas do grupo que ta só suma 1 punto nas 14 xornadas disputadas.
Soutomaior 3-1 Marcón
Triunfo sen problemas para o Soutomaior ante o filial do Marcón. No descanso xa gañaban os locais por 2-0 con goles de Davicín e Sergio. O triunfo mantenos na 2ª posición, a tres puntos do líder, o Pontecaldelas. Na próxima xornada visitan o campo do Santomé, 6º do grupo.
Balonmán Primeira Nacional Masculina

Rodosa Chapela 38-29 Luceros
Vitoria para o Rodosa Bm. Chapela ante un Bm. Luceros que non foi quen de superar o muro defensivo dos de Fran Teixeira. O Chapela foi gañando vantaxe no marcador co partido xa resolto ao descanso com 18-11. Manteñen a 5ª praza, na próxima xornada xogarán na pista do Camariñas, cos rivais na parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará