Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades educativas, lúdicas e creativas para as vacacións de Nadal en Soutomaior

RR_Noticias

O Multiúsos de Arcade acolle os obradoiros “Construindo con formas” e “Microlab”. Están dirixidos a público infantil e xuvenil. Os máis pequenos poderán crear as súas propias construcións ao tempo que aprenden e se divirten. Serán os días 26 e 27 de decembro, e o 2 de xaneiro. A inscrición está aberta ata o día 20 deste mes.

A concelleira de Educación, Fátima Vidal, explica que se trata de actividades moi divertidas para rapaces de entre 3 e 18, con diferentes grupos de idades, que poderán aproveitar as vacacións de Nadal para aprender e descubrir novas cousas “utilizando a súa imaxinación”. As prazas son limitadas, e a inscripción pode facerse ata o día 20 deste mes na propia páxina web do Concello de Soutomaior, ou na oficina da OMIX, no Multiúsos de Arcade. Desde o Concello organizan tamén unha tarde de xogos en familia, o 27 de decembro, con obradoiros de xogos de mesa e actividades para que pequenos e adultos compartan tempo e diversión nestas festas de Nadal. Será de 17.00 a 19 horas no Multiúsos de Arcade.  

Fátima Vidal concelleira de Educación
Os obradoiros serán actividades moi divertidas para rapaces de entre 3 e 18.
Xogos en familia
Desde o Concello organizan tamén unha tarde de xogos en familia o 27 de decembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará