Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As parroquias redondeláns coñécense nos bares

RR_Noticias

A campaña “Café con letras” leva a memoria e peculiaridades das parroquias redondelás a oito cafés do municipio a través da colección de libros promovido polo Servizo de Normalización sobre as parroquias, que pretende pór en valor o seu patrimonio material e inmaterial. Ventosela, Trasmañó e Cesantes son as primeiras, pero a iniciativa continuará o próximo ano con outras tres até completar as 13 parroquias do municipio.

Tomar un café mentres coñecemos as nosas parroquias, charlar sobre o seu pasado sobre os cambios que viviron e coñecer as súas peculiaridades é o obxectivo da campaña “Café con letras” posta en marcha entre o concello de Redondela e a Asociación de Empresarios, que levará a colección de libros sobre as parroquias até oito establecementos hostaleiros do municipio. Unha iniciativa que pretende difundir e dar a coñecer o patrimonio cultural, histórico, artístico, natural e etnográfico de Redondela a través destas publicacións que dan unha visión moi particular de cada unha das parroquias a través dos propios veciño. Así a publicación de Trasmañó foi realizada polo arqueólogo Xurxo Constela, que facía fincapé na importancia do proxecto para darlle visibilidade á riqueza que temos na nosa contorna máis próxima. Lola Míguez e Olga Nogueira foron as encargadas das publicacións de Cesantes e Ventosela, que contan coa ilustración do artista Ángel Barros. Dada a boa acollida das publicacións, a iniciativa continuará o próximo ano, segundo anunciaba a concelleira de Cultura, Teresa París, con outras tres parroquias así como cunha nova tirada de Ventosela, Trasmañó e Cesantes que xa case esgotaron os seus exemplares de distribución gratuíta.  

Concelleira cultura Teresa París
Difundir ás parroquias é o obxectivo desta iniciativa que as leva até oito bares de Redondela
Presidente Asociación Empresarios
Enrique Lago amosaba o apoio dos empresarios a este tipo de iniciativas que fomenta a nosa cultura e promove a hostalería local
Arqueólogo Xurxo Constela
Constela foi o escritor do libro dedicado a Trasmañó. O arqueólogo destacaba a importancia de iniciativas como esta para o noso patrimonio
Máis parroquias en 2019
A concelleira Teresa París anunciaba que continuarán coa iniciativa o próximo ano coa publicación de tres parroquias máis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará