Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A maxia de Broadway chega ao Piñeiral do Crego coa Banda da Escola de Música de Chapela

RR_Noticias

A Banda e Escola de Música de Chapela presentan, para celebrar o día de Santa Cecilia, o seu novo espectáculo musical, baixo a dirección de Andrés Álvarez. A música e a posta en escea converterán o auditorio do Multiúsos de Chapela nunha das mellores salas de Broadway. O sábado, día 1, ás 20.00 horas.

A banda estará acompada de Livia Leal, mezzosoprano, Raquel Lago, soprano, Cesar Escobar, violín e Paula lago ao piano. Todos cuntos porán sobre o escenario “algo máis que un concerto”, onde a música e unha gran posta en escena converterán o auditorio de Chapela nunha das mellores salas de Broadway. Tocarán temas de musicais coñecidos como “O violinista no tellado”, “O rei león” ou “A pantasma da ópera”, entre outros. Os espectadores que se acheguen ao Piñeiral do Crego serán trasladados “á Meca desta emblemática cidade dos grandes espectáculos musicais”. A cita será o vindeiro sábado, 1 de Decembro, ás 20:00 horas, no auditorio do Multiúsos de Chapela, con entrada libre ata completar o aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará