Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diana Tarín: “Cada concerto é único”

RR_Noticias

A cantante, pianista e percusionista Diana Tarín actuará este sábado en Redondela acompañada polo Alberto Vilas Quartet e o guitarrista Lorenzo Boo. No concerto percorrerán estilos como o jazz, distintos ritmos latinos, bossanova ou boleros. Tarín advirte que cada actuación en directo “é única” e que a cita de Redondela será “especial” debido ao cariño que ten por esta vila.

O auditorio do Multiúsos da Xunqueira acolle a cita mañá sábado ás 20:00 horas. De orixe africubana, Tarín leva anos asentada en Galicia. Defínese como unha cantante “atrevida” capaz de misturar ritmos galegos e africanos, sempre en “constante evolución”. Artista versátil, no concerto o público poderá gozar dun amplo universo musical, que pasa polo jazz, a bossa nova, funky, soul ou o bolero. Explica que cada actuación en directo é diferente, e malia saír a escea cos mesmos músicos “cada concerto é único”. As entradas están dispoñibles no propio auditorio, a 7 euros, e 5 coa tarifa reducida. Pódense reservar no 986402865.

Diana Tarín
Sinala que farán un percorrido por diferentes estilos e que cada concerto é único.
Concerto especial
Tarín advirte que a actuación de Redondela será "especial" debido ao cariño que ten por esta vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará