Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pavillón municipal de Chapela levará o nome de Manuel González Soto

RR_Noticias

A familia do club Balonmán Chapela está de parabéns. O seu presidente, Manuel González Soto, daralle nome ao pavillón da parroquia, logo de que a proposta fora aprobada onte no pleno. Na sesión tamén se acordou o nome da poetisa e tradutora Xela Arias para bautizar a Biblioteca Municipal de Chapela.

O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, foi o encargado de levar ao pleno da corporación a proposta de que o pavillón de Chapela pase a denominarse pavillón Manuel González Soto. O edil xustificou o recoñecemento pola longa traxectoria e dedicación ao deporte do presidente do club de balonmán da parroquia. O Balonmán Chapela celebrou o seu 50 aniversario, “e nos últimos 40 anos Soto estivo vencellado ao club como xogador, adestrador ou na directiva”. A corporación de Redondela destacou a súa longa traxectoria sempre a prol do balonmán en Chapela “tanto nos momentos bos como nos malos”, segundo lembraba o edil do BNG Xoán Carlos González, que apoiou a proposta. Digna Rivas, do PSOE, salientou tamén o seu labor “como referente do deporte en Chapela, que o fai merecedor deste recoñecemento”, que tamén apoiou o edil non adscrito Enrique Fojo. Desde AER, malia recoñecer que “falar do pavillón de Chapela é falar de balonmán e de Soto”, decidiron absterse na votación ao non tramitarse este recoñecemento “como un proceso aberto e participativo”. Con todo, a proposta do seu nome para o pavillón tamén foi apoiada polos colectivos que conforman o Consello Parroquial de Chapela. Biblioteca Xela Arias en Chapela Durante a sesión plenaria tamén se acordou por unanimidade que a Biblioteca de Chapela leve o nome da poetisa e traductora Xela Arias. Todos os grupos ratificaron así a elección do xurado logo de avaliar as 16 propostas presentadas tanto por particulares como por colectivos. Neste caso a proposta chegaba dende a Biblioteca do IES Chapela para homenaxear a unha muller que fora profesora nese centro. A concelleira de Cultura, Teresa París, felicitouse por escoller “a unha muller brava” para este recoñecemento ao que se sumaron todos os grupos da oposición. AER amosou a súa satisfacción non só pola elección de Arias, senón polo proceso “aberto e participativo” no que se elixiu. Desde o PSOE a concelleira Anabel Rey propuxo que o recoñecemento vaia máis aló e desde o Concello se divulgue a obra de Xela Arias en espazos e edificios públicos.

Julio Mougán concelleiro de Deportes
O edil xustificou o recoñecemento pola longa traxectoria e dedicación ao deporte do presidente do club de balonmán da parroquia
Xoán Carlos González edil BNG
Destacou a súa longa traxectoria sempre a prol do balonmán en Chapela "tanto nos momentos bos como nos malos"
Digna Rivas edil do PSOE
Salientou tamén o seu labor "como referente do deporte en Chapela que o fai merecedor deste recoñecemento"
Agrupación de Electores
Malia recoñecer que "falar do pavillón de Chapela é falar de balonmán e de Soto" decidiron absterse ao non tramitarse "como un proceso aberto e participativo".
Biblioteca Xela Arias
A concelleira de Cultura Teresa París felicitouse por escoller "a unha muller brava" para este recoñecemento.
Xosé Covelo AER
AER amosou a súa satisfacción polo proceso "aberto e participativo" no que se elixiu.
Anabel Rey PSOE
Propuxo que o recoñecemento vaia máis aló e desde o Concello se divulgue a obra de Xela Arias en espazos e edificios públicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará