Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela, recoñecido como a mellor entidade pública deportiva por Agaxede

RR_Noticias

A Sociedade Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) concedeu ao Concello de Redondela o premio á mellor entidade pública deportiva do ano na IX edición dos Premios Galicia á xestión deportiva. OS premios creáronse en 2010 “para distinguir ás persoas e entidades que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva en Galicia”.

O galardón foi recollido polo edil de Deportes, Julio Mougán, na gala anual de Agaxede en Ourense. Redondela recibiu o galardón na categoría de Concello de máis de 15.000 habitantes. Mougán explicou que este recoñecemento reafirma “o bo camiño deste municipio en canto a instalacións e actividades deportivas” e destacou “a gran oferta” que existe en Redondela en diferentes disciplinas con varios eventos consolidados e que son un referente “como a Batalla de Rande de natación, o Triatlón Concello de Redondela, a Carreira Popular, o Canicross, as carreiras de Orientación, o Mundialito da Xunqueira ou as competicións de balonmán de praia”. O edil destaca ” interacción continúa” con outras asociacións, clubs, administracións, federacións e centros educativos. Redondela acolleu diferentes exhibicións deportivas programadas coa Xunta, como o Campionato de España de seleccións autonómicas sub-21 de fútbol sala, a liga de baloncesto e fútbol sala de deporte adaptado, o programa EducaDeportivo nos institutos ou a colaboración co Celta de baloncesto son proba desa interación. En canto a instalacións deportivas, Redondela dispón de catro novas canchas de pádel, os campos reformados no complexo deportivo de Santa Mariña e o novo pavillón A Marisma, ademais de ter en marcha o novo skate park, a cancha de baloncesto urbana, a reforma do campo de fútbol do Viso e a pista de atletismo. Respecto da oferta deportiva, Mougán apunta que aos deportes xa consolidados como o fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, ciclismo, remo e balonmán, súmanse o tiro con arco, petanca, patinaxe, judo e billar a banda, entre outros. No resto de categorías, os premiados foron: Premio ao mellor xestor deportivo para Marcos Fernández Conde; Premio á mellor actividade ou programa deportivo para Día da Educación Física na Rúa María Pita 2018; Premio ao mellor concello menor de 15.000 habitantes para Concello de Valdoviño; Premio á mellor entidade privada para Federación Galega de Piragüismo; Premio ao mellor estudo ou innovación para a Delegación galega da Empresa DEPORTEC; Premio ao mellor patrocinio deportivo para Academia Postal Ourense; Premio á xestión sustentable no deporte Feira Equiocio; Premio á xestión deportiva de integración social para A.C. Working Wheels e Recoñecemento Especial para Libraría Esteban Sanz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará