Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela organiza un obradoiro de ornitoloxía “para amantes dos paxaros e da natureza”

RR_Noticias

O departamento de Medio Ambiente de Redondela organiza esta fin de semana dous obradoiros de iniciación á ornitoloxía. O sábado, día 1, celébrase o “Taller de iniciación a construción de caixas niño”. O domingo, día 2, será o “Taller e saída fotográfica de aves e natureza”. A inscrición está aberta, as acticidades son de balde e as prazas limitadas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, explica que se trata dunha actividade “para formar e concienciar” sobre a importancia da biodiversiade e o papel das aves no ecosistema. O obradoiro do sábado, que comeza ás 10.30 horas, está dirixido a maiores de 18 anos, e cada participante poderá fabricará a súa caixa niño, xa que contará con todo o material e as ferramentas necesarias para poder facelo. O domingo, tamén ás 10.30 horas, celebrarase o “Taller e saída fotográfica de aves e natureza”, cunha parte teórica e outra práctica. Os participantes achegaranse á enseada da Portela para coñecer a importancia do litoral como zona de paso de aves. Haberá telescopios e prismáticos a disposición dos participantes, pero é necesario que leven a súa propia cámara fotográfica. Ambas as iniciativas son gratuítas e pretenden dar a coñecer a importancia ecolóxica das aves e concienciar sobre o seu coidado. A inscrición pode facerse no departamento de Medio Ambiente, no enderezo electrónico medioambiente@redondela.gal ou nos teléfonos 986.400.300 e 698.142.025.

Miguel Ángel Álvarez concelleiro de Medio Ambiente
Trátase dunha actividade "para formar e concienciar" sobre a importancia da biodiversiade e o papel das aves no ecosistema
Taller fotográfico
Haberá telescopios e prismáticos a disposición dos participantes pero é necesario que leven a súa propia cámara fotográfica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará