Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Bulebule chega a Redondela

RR_Noticias

O espectáculo de Paco Nogueiras chega este venres ao Multiúsos da Xunqueira dentro das actividades do proxecto Apego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística cos seus “Venres cativos”. Ás 18.00 horas con entrada de balde, que pode recollerse desde dúas horas antes.

Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Radio Bulebule defínese como a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Dentro dela, din, soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convida ao público infantil e familiar a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará